Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Banda Sinfónica Galega ofreceu un concerto triplo na Cidade da Cultura

A Banda Sinfónica Galega ofreceu un concerto triplo na Cidade da Cultura

Foi o colofón á residencia artística que viviron no Gaiás máis de 70 mozos

A actuación comezou cos instrumentistas máis novos e logo continuou con dous ensembles 

Preto de 7.000 músicos teñen ficha na Federación Galega de Bandas de Música Populares

G24.gal 22/08/2025 21:24 Última actualización 22/08/2025 21:53

A Cidade da Cultura acolleu un concerto triplo da Banda Sinfónica Galega. Foi o colofón á residencia artística que viviron por uns días no Gaiás máis máis de 70 mozos.

Os primeiros en tocar foron os músicos da Banda Sinfónica Xuvenil Galega. Teñen 15 anos de media. Son músicos no presente e din que queren selo no futuro. Por se acaso, antes da actuación explicáronlles ata 60 saídas profesionais distintas para un músico. Un camiño que ás veces só se abre co mundo das bandas.

"En todas as vilas a banda é importante. Están levando a música e a cultura a toda a poboación, e teñen unha importancoa tremenda", celebra o director da Banda Sinfónica Galega, David Fiuza

Importancia que demostran os datos da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

"Somos un total de 95 bandas de música federadas e sumamos un total de máis de 6.500 federados", sinala o vogal da federación Jorge González

E teñen menos de 30 anos tres de cada catro dos músicos con ficha na federación de bandas. Estas formacións seguen sendo un eixo da nosa cultura e en moitas poboacións o único inicio posible para a carreira dun músico galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade