Publicador de contidos

Publicador de contidos

Último ensaio da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia antes do concerto histórico deste domingo

Último ensaio da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia antes do concerto histórico deste domingo

Interprentarán "Carmina Burana" acompañados do Coro da Sinfónica e dun coro infantil composto de 40 cativos

Subirán ao escenario co seu récord de entradas vendidas

 

G24.gal 04/04/2026 19:14

O Palacio da Ópera da Coruña acolle un concerto histórico o próximo domingo. A Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia subirá ao escenario co seu récord de entradas vendidas. Farano interprentando 'Carmina Burana' acompañados do Coro da Sinfónica, pero tamén cun coro infantil composto de 40 cativos. 

Lorena é de Anzo, en Lalín. Leva 15 anos tocando a trompa e agora enfróntase a un dos seus maiores retos con 22 anos.

"Teño que estar preocupada de se o trombón, na outra esquina, está tocando dunha maneira, eu téñome que amoldar a el. Preocúpaste de todo. Estás como moi alerta en todos os sentidos.", conta Lorena.

"Ser capaces de ir todos xuntos, seguir ao director...", engade outra das rapazas que conforman a orquestra. 

Levan unha semana ensaiando para o espectáculo que máis entradas vendeu na Osquestra Nova da Sinfónica de Galicia.

"Van atopar unha explosión de enerxía, de xuventude, de beleza, de entusiasmo...", di Juan Antonio Cuéllar, xerente da Sinfónica de Galicia. 

"Ves a toda a xente tocando, moi compremetida, con este proxecto.", afirma outro dos músicos.  

Non só son rapaces galegos, a Sinfónica fórmana mozos de toda España.

"Veñen de moitas partes. Atopáronse aquí e realmente estou impresionado polo nivel artístico de todos estes mozos que fan que o coro tamén medre.", revela Josep Caballé, director da Orquestra

"O papel do coro no 'Carmina Burana' é fundamental porque é o autor principal da obra. É quen conta a historia e quen vai narrando as escenas que ten. É por iso, o personaxe principal.", opina Javier Fajardo, director do Coro da Sinfónica de Galicia.

Máis de 1.000 entradas vendidas para ver e escoitar o vindeiro domingo na Coruña o futuro da música de cámara de Galicia. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade