O fenómeno Bad Bunny faise notar en España
Máis de medio millón de persoas gozan de temas como 'Tití me preguntó' ou 'Yo perreo sola'
O fenómeno Bad Bunny leva xa varias semanas deixándose notar no noso país. Todo o mundo fala dos concertos do portorriqueño en Barcelona e Madrid.
"Faime moita ilusión vir ca miña moza xa que todas as cancións recórdanme a ela. Vir ver a Bud Bunny é un show", din os espectadores.
Para moitos é máis que un cantante, e o xeito de estar, de novo, na casa.
"Representa aos latinos no mundo, nos somos latinos e gustanos a súa música", din dúas das persoas que gozaron do concerto no Riyadh Air Metropolitano.
Benito Antonio vendeu as 600.000 entradas dos seus 12 concertos en menos de 24 horas, dúas delas, por certo, a princesa Leonor e a Infanta Sofia. Iso foi xa hai case un ano..., unha longa espera en que deu tempo, por exemplo, de personalizar as camisetas.
Ao artista latino e a súa casiña aínda lle quedan 4 concertos no noso país, dentro dunha xira que leva o fenómeno Bad Bunny dende a República Dominicana ata O Xapón.