Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fans de Alejandro Sanz levan desde o martes facendo cola para o concerto do sábado na Coruña

Fans de Alejandro Sanz levan desde o martes facendo cola para o concerto do sábado na Coruña

G24.gal 15/07/2026 20:59 Última actualización 15/07/2026 21:25

Juan Carlos, de Valladolid, e Cristina, de Asturias, levan facendo cola desde o martes a primeira hora. Pasarán cinco días e cinco noites ás portas do peirao de Batería para poder ver ao seu ídolo: Alejandro Sanz.

"Somos cinco e vamos facendo quendas. Uns descansamos, outros estamos aquí para facelo un pouco máis levadeiro". "Pedimos vacacións para poder facer isto e tentar vivilo o mellor posible".

Levan décadas seguíndoo. Carolina como presidenta do club de fans en Venezuela tivo ocasión de coñecer o artista e desde que vive en Galicia non perde ocasión de velo.

"Creo que me recoñecerá se me ve na primeira fila este sábado".

Organízanse entre eles. Apuntan os nomes para que se respecte a orde de chegada. Xa van máis de 20 anotados.

"Adoita haber bo ambiente e desfrutamos moito o tema cola. Xuntámonos porque non somos todos do mesmo sitio. Xúntaste con xente coma ti que é 'supersanzera' e pasámolo ben, as cousas como son", afirma Cristina.

Alejandro Sanz non actuaba en Galicia desde 2023. Foi en Vigo. O da Coruña será a única parada en terras galegas da súa actual xira Y Ahora Qué?.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade