Publicador de contidos

Publicador de contidos

Orbán prohibe expoñer a bandeira LGTB+ para "protexer" os rapaces

Orbán prohibe expoñer a bandeira LGTB+ para "protexer" os rapaces

A medida aplicarase nos edificios públicos de Hungría para frear a propaganda do colectivo nos menores

Outra medida do Goberno húngaro que volve xerar severas críticas

O primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán. Reuters. O primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán. Reuters.
G24.gal 06/06/2025 10:05

Viktor Orbán, primeiro ministro húngaro, oficializou a prohibición de expoñer bandeiras de arcos da vella ou calquera outro símbolo da comunidade LGTB+ en calquera edificio público do país. Esta é unha decisión que, segundo o Goberno, vai destinada a protexer os rapaces e frear a propaganda deste colectivo que apunta aos menores.

O decreto, publicado na Gaceta Oficial e asinado por Viktor Orbán, prohibe o uso de símbolos "que fagan referencia ou promovan diferentes orientacións sexuais e de xénero, así como os movementos políticos que as representan". Esta é unha medida simbólica, pois a oficina de presidencia afirmou que non é usual o uso destes símbolos nos edificios públicos, pero xa existen queixas públicas

A primeira foi a do alcalde de Budapest, Gergely Karácsony, que xa comunicou que a bandeira arco da vella continuará lucindo no edificio do concello coma leva facendo dende o 2019. 

Tamén valorou a medida do Goberno como "o enésimo paso para restrinxir os dereitos fundamentais dos cidadáns húngaros", ademais de remarcar que teñen a intención de imposibilitar a marcha do Orgullo de Budapest, segundo dixo na súa rede de Facebook. 

O Goberno de Orbán xa impulsara en marzo unha reforma que prohibe a celebración de manifestacións que representen a homosexualidade, considerándoas unha violación dos dereitos dos nenos, o que xerou grandes críticas tanto dentro coma fóra do país.

A pesar destas prohibicións, as organizacións LGTB+ e de dereitos humanos anunciaron que o 28 de xuño celebrarase a marcha de Orgullo en Budapest, á que acudirán máis de 60 eurodeputados.

Orbán chegou ao poder en 2010 e nos últimos 15 anos o seu Goberno xa limitou legalmente os dereitos da comunidade LGTB+ e semella que continuará facéndoo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade