Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comuneiros de Gondomar regalan a metade dos amorodos a quen axude a collelos

Comuneiros de Gondomar regalan a metade dos amorodos a quen axude a collelos

Os comuneiros de Couso adoptan o sistema U-Pick, típico do mundo anglosaxón

Din que sen axuda non dan abasto e comerían todo os paxaros

G24.gal 17/06/2025 14:44

Arandos a esgalla para quen os queira. A comunidade montes de Couso non dá abasto coa colleita deste ano e abriu o monte para regalar a metade da produción. Cóntao Ángel Francisco Fernández, da comunidade de Montes, que di que sen axuda non dan abasto e comerían todo os paxaros.

Veciños e xente que o soubo polas redes sociais achéganse estes días aos montes de Gondomar. Amais de arandos totalmente ecolóxicos viven unha experiencia única. Todos coinciden en que queren botar unha man e aprender a apañar arandos.

Este sistema U Pick está moi estendido no mundo anglosaxón. Este martes achegáronse a estes montes de Couso unha ducia de persoas que, amais de levar de balde arandos, viven a experiencia de aprender a recoller este superalimento que tan de moda está. 

Non é a única iniciativa desta comunidade de montes, pequena pero moi activa dende hai 10 anos. Cultivan froitos vermellos, setas shiitake, resina e mesmo fan marmelada de arandos.

Os cestos enchen rápido entre veciños e mesmo turistas que axudan os comuneiros a que os froitos non acaben en man dos paxaros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade