Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sobreira ofrécese como outra opción rendible para o monte

A sobreira ofrécese como outra opción rendible para o monte

É unha especie resistente ao lume da que se pode aproveitar a cortiza e o froito

G24.gal 24/08/2025 20:50

Estamos en Entralgo, un lugar de apenas tres veciños en Negueira de Muñiz. Aquí hai un bosque de sobreiras, unha especie sobre a que está investigando Andrés.

Estas formacións arbóreas teñen grandes capacidades para a rexeneración e a expansión, segundo Andrés, quen investiga o aproveitamento da súa cortiza para rollas e o do seu froito, que ben podería ser para a cría do porco celta. Por iso o Andrés considera as sobreiras como árbores moi interesantes para o monte. Ademais, estas árbores son importantes secuestradores de carbono.

En Galicia hai bosque de sobreiras no Deza, no Barbanza e nos vales do Miño e o Sil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade