Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home ao caerlle enriba unha árbore que cortaba en Soutomaior

Falece un home ao caerlle enriba unha árbore que cortaba en Soutomaior

A vítima, un veciño de Redondela de 56 anos, dirixía dende un guindastre a operación

O lugar do accidente
G24.gal 14/02/2026 12:32 Última actualización 14/02/2026 14:40

Un home de 56 anos, veciño de Redondela, faleceu este sábado mentres tallaba unha árbore nunha leira na parroquia de Moreira, no concello de Soutomaior.

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, a vítima empregaba un guindastre para tentar controlar a caída, pero ao final foille enriba.

O accidente ocorreu pouco antes das 10:00 horas. Ata o lugar desprazáronse o 061, axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén Tea e Redondela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade