Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller de avanzada idade ao caer a un pozo en Ames

Morre unha muller de avanzada idade ao caer a un pozo en Ames

O 061 informou do accidente ao 112 Galicia a media mañá deste xoves

G24.gal 02/04/2026 13:23

Unha muller de avanzada idade faleceu este xoves en Ames ao caer nun pozo, segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi quen, ás 11:30 horas deste xoves, chamou ao 112 Galicia para solicitar medios de rescate para unha muller falecida que caera nun pozo, en Aldea Moniña, Milladoiro, O Biduído, no concello coruñés de Ames

Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Boiro, que saíron de inmediato para o punto. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Santa Comba, os membros do GES de Brión, a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade