Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un operario por unha descarga eléctrica cando traballaba nunha depuradora no Grove

Morre un operario por unha descarga eléctrica cando traballaba nunha depuradora no Grove

Lugar do suceso (TVG) Lugar do suceso (TVG)
G24.gal 31/03/2026 17:36

Un operario perdeu a vida este martes ao sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaba nunha depuradora en San Vicente do Grove.

Tal e como trasladou o 112 Galicia, ao redor das 15:30 horas o home atopábase traballando e caeu nunha arqueta na estrada que comunica A Lanzada con San Vicente.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, co helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, e Emerxencias do Grove.

A pesar dos esforzos dos equipos sanitarios por reanimalo, non puideron facer nada polo home, que perdeu a vida.

 

NOTICIA EN ELABORACIÓN

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade