Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un peón atropelado por un coche que saíu da estrada en Tomiño

Falece un peón atropelado por un coche que saíu da estrada en Tomiño

Os ocupantes do coche, o condutor e un menor, saíron ilesos do accidente

O accidente foi á altura de Barro O accidente foi á altura de Barro
G24.gal 31/03/2026 17:44

O atropelo mortal rexistrouse no quilómetro 3 da estrada provincial  PO-344 que une os concello de Gondomar e Tomiño, á altura de Barro.

Un coche saíu da vía pola marxe dereita, bateu contra un muro, envorcou e levou por diante o peón, un home duns 70 anos, veciño do lugar que camiñaba con muletas. 

O falecido quedou atrapado baixo o vehículo e foron os bombeiros os que o rescataron. Os ocupantes do coche, o condutor e un menor, saíron ilesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade