Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha gandería de Mazaricos converte o xurro en amoníaco e en fertilizante seco

Unha gandería de Mazaricos converte o xurro en amoníaco e en fertilizante seco

O fertilizante, para horta ou xardín, comercialízase en bolsas de 10 quilos

Imaxe das bólas de abono obtidas da deshidratación do xurro nunha imaxe tomada este mércores en Abeleiras, Mazaricos
G24.gal 18/06/2025 14:07 Última actualización 18/06/2025 14:27

A gandería Marto de Abeleiras, en Mazaricos, ten, coma todas, na xeración de xurro un produto que require saídas adecuadas tendo en conta o sostemento ambiental. En cooperación con LabreGando, teñen no mercado a primeira produción dun fertilizante orgánico para horta e xardín que sae do xurro.

"É un fertilizante menos contaminante que o xurro. Sería parecido á bosta seca, coa diferenza que aquí tamén se aproveita a parte líquida do xurro", di Sabino Domínguez, propietario de Gandería Marto.

Domínguez mostra o sistema de produción na súa fase básica. O depósito illado termicamente é onde se produce a deshidratación do xurro.

Mediante este proceso, do xurro obtense por un lado as bólas de fertilizante, que comercializan en bolsas de 10 quilos, e por outro o amoníaco para utilizar na limpeza da granxa. 

"O seguinte paso é facer máis grande o sistema. Os aparatos teñen que ter outras dimensións bastante máis grandes", afirma Sabino Domínguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade