Publicador de contidos

Publicador de contidos

De vítima de acoso escolar a 'agroinfluencer'

De vítima de acoso escolar a 'agroinfluencer'

Os reels da gandeira melidá Lucía Casal contan con máis de 60.000 seguidores nas redes sociais

Lucía durante a gravación dun vídeo destinado a ser compartido nas súas contas
Félix Aragunde 14/05/2025 20:36 Última actualización 14/05/2025 20:55

A de Lucía Casal, de 22 anos, é unha historia de superación. Na súa adolescencia, esta veciña de Melide sufriu acoso escolar por parte dos compañeiros que se mofaban dela debido a súa paixón pola gandería.

Tras estudar un ciclo superior en Fonteboa, compaxina o seu traballo como gandeira coa súa faceta de autora de vídeos sobre o agro. Compárteos nas redes sociais, onde a día de hoxe conta con máis de 60.000 seguidores.

"Cando abrín unha conta en Instagram, con 14 ou 15 anos, todo o mundo subía fotos, e as miñas eran cos becerros ou cos cans. Iso levoume a sufrir 'bulling' no instituto, onde se meteron sempre comigo por subir ese contido en redes. Eu apoieime en que era algo meu, que gozaba e que me facía feliz. A raíz diso a xente empezoume a seguir e fun aumentando seguidores", relata a gandeira melidá. 

Pero Lucía non se conforma con realizar centos de 'reels' gravados na explotación familiar e visualizados por milleiros de persoas. O seu proxecto máis ambicioso, para o que se están facendo de rogar os permisos, consiste nun criadeiro e cebadeiro de xatos.

"Vou montar un centro de desteta para 500 becerros. Eu aí encontreime cunha traba moi grande, que é a burocracia. Levo un ano esperando por un papel. Se en setembro non o teño, é probable que me quiten todo", explica Lucía. 

Ademais, esta 'agroinfluencer' recolleu diversos galardóns de ámbito estatal, coma o premio Injuve 2023 ou o MujerAGRO en 2024.

Imaxe dun 'reel' publicado pola gandeira melidá Imaxe dun 'reel' publicado pola gandeira melidá
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade