Publicador de contidos

Publicador de contidos

Usuarios da estrada vilalbesa que une Fabás e Samarugo denuncian o mal estado do firme

Usuarios da estrada vilalbesa que une Fabás e Samarugo denuncian o mal estado do firme

As pistas da contorna foron arranxadas pola Administración local, polo que a veciñanza reclama o mesmo trato e que se renove o pavimento

Na pista que quedou sen amañar as fochas teñen varios metros de ancho
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro. 18/06/2025 13:27

As fochancas que se foron abrindo na estrada que une Fabás e Samarugo, na parroquia vilalbesa de Goiriz, adquiriron tales dimensións que o firme se volveu intransitable. Tanto é así que parte dos usuarios, como os repartidores, deixaron que circular por esta pista. Pola súa parte, a veciñanza vese obrigada a dar rodeos quilométricos para evitar avarías nos seus vehículos.

Os residentes na zona sinalan que outras vías da contorna si foron arranxadas recentemente. Reclaman, por tanto, o mesmo trato e que se renove canto antes o pavimento.

Cuns dous quilómetros de lonxitude, a estrada comunica cinco vivendas, algunhas con persoas de idade avanzada, e varias explotacións gandeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade