Publicador de contidos

Publicador de contidos

As balizas V16, a debate: segue habendo moitas dúbidas entre os condutores

As balizas V16, a debate: segue habendo moitas dúbidas entre os condutores

Se temos un accidente ou unha avaría, en menos dun mes estaremos obrigados a utilizar os dispositivos de presinalización V16, en vez dos triángulos

Con todo, segue habendo moitas dúbidas entre os condutores, unha delas é a súa visibilidade nas estradas secundarias ou en treitos con curvas

A baliza ten que estar homologada e en condicións normais tería que ser visible e un quilómetro de distancia, emite unha luz amarela 360º de alta intensidade de forma intermitente e continua polo menos durante 30 minutos

Ao acendela emitirá un aviso que chegará directamente á plataforma DXT 3.0 para transmitir unicamente a localización do vehículo

Os dispositivos de presinalización V16 deben estar homologados e certificados pola Dirección Xeral de Tráfico.
G24.gal 11/12/2025 08:49

O novo dispositivo V16 de previsualización de avarías e sinistros nas estradas está a xerar dúbidas sobre a súa visibilidade

"A visibilidade non é ao 100%, sobre todo, se é de día, ou por exemplo naquelas estradas secundarias en treitos de visibilidade reducida. Se existe boa visibilidade este dispositivo tería que verse a un quilómetro nun xiro de 360º", explica  Benito Bouzada Blanco, voceiro e membro da Federación Estatal de Técnicos de Seguridade Viaria (FETEVI).

A baliza ten que estar homologada, e na páxina web da Dirección Xeral de Tráfico hai unha listaxe de todas as marcas e modelos certificados. E en condicións normais debería ser visible a un quilómetro de distancia. 

"O caso é que funcione ben, pero temos pouca información sobre iso", di unha condutora.

"No momento en que a acendamos nuns 30 segundos a tarxeta SIM xa lanza a mensaxe da xeolocalización, nada máis, non emite outro tipo de datos", asegura o voceiro da Federación Estatal de Técnicos de Seguridade Viaria (FETEVI), Benito Bouzada. 

E ese aviso chegará directamente á plataforma DXT 3.0 para transmitir a localización do vehículo. O obxectivo deste cambio de normativa que entrara en vigor o vindeiro 1 de xaneiro é segundo a DXT avanzar no ámbito da seguridade viaria e a redución de accidentes, sobre todo, para previr atropelos cando saímos á vía tras un sinistro ou unha avaría e o vehículo queda inmobilizado na calzada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade