O temporal obriga a suspender varios servizos ferroviarios en Galicia e Renfe prepara alternativas
A suspensión débese a nova xornada de avisos meteorolóxicos, amarelo e laranxa, fundamentalmente polo forte vento
Prestaranse servizos por estrada nas liñas A Coruña-Ferrol, Ferrol-Coruña, Coruña-Monforte ou Ourense-A Coruña, entre outras
Imaxe de arquivo dun panel de horarios de trens (EUROPAPRESS)
Renfe habilitará este xoves alternativas por estrada ante a suspensión en Galicia de varios servizos por mor do temporal, que mantén unha nova xornada de avisos meteorolóxicos (de carácter amarelo e laranxa), fundamentalmente polo forte vento.
Servizos que se prestarán por estrada
- A Coruña-Ferrol, o servizo con saída ás 18:32 e ás 23:05
- Ferrol-Coruña con saída ás 17:41 e ás 20:36
- A Coruña-Monforte, ás 19:25 (forma parte da liña A Coruña-Lugo)
- Ourense-A Coruña ás 19:50, tamén integrado na liña Lugo-A Coruña
Así mesmo, en ancho métrico, o nivel II de alerta por vento afectará os servizos de media distancia Ribadeo-Ferrol das 18:40, Ferrol-Ribadeo das 19:05 e o Ortigueira-Ribadeo das 16:49 horas. Á súa vez, o proximidades Ortigueira-Ferrol con saída ás 18:40 e o mesmo traxecto con sentido oposto das 20:05 horas.
Respecto a estes últimos, Renfe informa de que ofrecerá alternativas de transporte por estrada "sempre que as circunstancias non o desaconsellen".