Publicador de contidos

Publicador de contidos

A frota galega sufrirá un recorte do 70% na cota da xarda e do 40% na do lirio

A frota galega sufrirá un recorte do 70% na cota da xarda e do 40% na do lirio

Os ministros de Pesca da Unión Europea pecharon esta madrugada o acordo e agora os Estados deben negociar o reparto de cotas

A conselleira do Mar cualificou como "decepcionante" o acordo para a pesca galega

G24.gal 13/12/2025 06:29 Última actualización 13/12/2025 07:20

En Bruxelas, os ministros de Pesca da Unión Europea conseguiron pechar esta madrugada un acordo para a repartición de cotas pesqueiras en augas comunitarias para 2026.

Á espera dos detalles que vaia ofrecer o ministro Luis Planas este sábado, de momento, cúmprense os peores escenarios para a frota galega nos topes da xarda. A Comisión mantén o recorte do 70 por cento, como recomendaban os científicos, para que se recupere a pesqueira. O resultado non é definitivo porque falta que os Estados negocien a repartición de cotas entre si.

En canto a outras especies, suavízanse os recortes para o abadexo, do 26 por cento ao 18 por cento, e mellora o lirio grazas a un intercambio con Noruega, o que suporá unha cota de 13.000 toneladas máis.

 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, valorou o acordo como "decepcionante" para a pesca galega

 

Desde a Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras (ICFA) da que forma parte a Confederación Española de Pesca (Cepesca), o seu presidente, o galego Iván López, manifestou a súa preocupación polas cotas da xarda e o lirio.

 

A frota do Mediterráneo mantén os días de pesca 

Foi a negociación máis dura e a que estivo bloqueando o acordo definitivo. Bruxelas pretendía que os barcos pasasen de traballar 143 días ao ano a só 9, "unha proposta doutro planeta", en palabras do ministro Planas. Finalmente, a presión do Goberno español, aliado con Francia e Italia, conseguiu manter o ano que vén as mesmas xornadas de pesca. Para o titular español de Pesca é un éxito rotundo. Nun vídeo que colgou nas redes sociais, o ministro explica, ademais, que as frotas pesqueiras non terán que cumprir novas medidas compensatorias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade