Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Eurocámara avala os centros para migrantes en terceiros países

A Eurocámara avala os centros para migrantes en terceiros países

O novo Regulamento de Retornos tamén busca axilizar as deportacións, e contou coa oposición de España 

Daina Le Lardic/Parlamento Europeo/Europa Press Daina Le Lardic/Parlamento Europeo/Europa Press
G24.gal 17/06/2026 13:15

O Parlamento Europeo aprobou este mércores o novo Regulamento de Retornos, unha norma que permitirá a creación de centros para inmgrantes en terceiros países e que endurece os procedementos da expulsión das persoas que permanezan na Unión Europea en situación irregular.  

O texto saíu adiante con 418 votos a favor, 218 en contra e 30 abstencións, despois do acordo político polas institucións europeas a comezos de este mes. España opúxose á norma desde a súa tramitación e cuestiona a legalidade e proporcionalidade dalgunhas das medidas previstas. 

Entre as principais novidades figura a posibilidade de trasladar migrantes con orde de retorno a centros situados en países que acepten acollelos mediante acordos cos estados membros. Os menores non acompañados quedan excluídos desta medida. Alemaña, Austria, Dinamarca, Países Baixos e Grecia xa negocian con terceiros países para poñer en marcha este modelo. 

Detencións de ata 30 meses

O regulamento tamén reforza as obrigas de colaboración das prsoas afectadas por unha orde de retorno. Nos casos de risco de fuga ou de ameaza para a seguridade, poderanse ordenar detencións que se prolongarán ata 24 meses, con posibilidades de ampliación durante outros seis. 

Ademais, preve actuacións de investigación para garantir a execución das devolucións, incluídos rexisros de vivendas ou a incautación d dispositivos, sempre baixo autorización xudicial. 

Tras a votación producíronse celebracións entre os grupos de dereita europeas, mentres varios eurodeputados críticos coa norma responderon con protestas e berros de "dades vergoña". 

Antes da súa entrada en vigor, o regulamento deberá recibir a aprobación formal do Consello da Unión Europea e ser publicado no Diario Oficial da UE. Algúns dos seus aspectos, entre eles os relativos aos centros de retorno, aplicaranse de maneira inmediata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade