Publicador de contidos

Publicador de contidos

As queimas agrícolas e forestais volven estar prohibidas a partir deste martes

As queimas agrícolas e forestais volven estar prohibidas a partir deste martes

Os permisos xa concedidos quedan sen validez e tampouco se darán novas autorizacións ata que haxa cambios nas condicións meteorolóxicas

G24.gal 26/05/2025 11:29

A Xunta de Galicia comunicou que desde mañá (martes 27 de maio) quedarán de novo prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na comunidade autónoma.

Polo tanto, precisa a Consellería do Medio Rural nun comunicado, “isto implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos non terán validez a partir de mañá”.

En todo caso, quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, dado que son debidamente planificadas e os efectivos que as levan cabo dispoñen dos medios de extinción precisos.

Esta decisión foi tomada, precisa a Xunta, despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados detalladamente os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Ao mesmo tempo, a Consellería do Medio Rural pide unha vez máis a colaboración da cidadanía "para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade