Un incendio calcina un bar de Caldas de Reis e obriga a desaloxar dous edificios lindeiros
O incendio comezou contra as 13 horas deste sábado nunha fritideira e espallouse polo local
Un incendio nun bar do municipio pontevedrés de Caldas de Reis obrigou a desaloxar, por precaución, os dous edificios próximos.
O lume comezou sobre as 13:00 horas deste sábado. Foi un particular o que chamou ao 112 Galicia para alertar dun incendio na cociña dun establecemento hostaleiro. Por fortuna, o suceso rematou sen feridos.
A orixe das lapas foi nunha fritideira, pero o lume estendeuse ao resto do local, que estaba aberto ao público.
Emerxencias de Galicia, como medida de precaución, desaloxou os dous edificios lindeiros ao local. Tras apagar o lume os veciños puideron volver ás súas casas sen problema.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Salnés e efectivos de Protección Civil que procederon extinguir o incendio. As chamas calcinaron boa parte do local.