Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o alcalde de Arbeca (Lleida) acusado de agredir a súa exparella

Detido o alcalde de Arbeca (Lleida) acusado de agredir a súa exparella

O rexedor, que tamén trabou un mosso d'Esquadra, está acusado de violencia no ámbito familiar e de atentado á autoridade

Un mosso d'Esquadra nunha imaxe de arquivo. David Zorrakino / Europa Press Un mosso d'Esquadra nunha imaxe de arquivo. David Zorrakino / Europa Press
G24.gal 12/07/2025 12:10 Última actualización 12/07/2025 12:20

O alcalde de Arbeca (Lleida), Sergi Pelegrí, de 46 anos, foi detido na madrugada deste sábado acusado de agredir a súa exparella, que resultou ferida, e un mosso d'Esquadra cando ía ser arrestado, informaron fontes da policía catalá.

A detención, segundo avanzou o diario Segre e confirmaron a EFE fontes policiais, produciuse esta madrugada nunha vivenda da rúa Alcalde Ramón Pifarré, onde no momento do arresto o rexedor trabou un dos axentes.

O alcalde, acusado de violencia no ámbito familiar e de atentado á autoridade, permanece detido na comisaria de Lles Borges Blanques (Lleida).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade