Comeza unha das edicións máis temperás da Feira do Viño de Valdeorras
Participan 18 adegas desta denominación de orixe
A deportista olímpica Teresa Portela pronunciou este sábado o pregón inaugural
No Barco celebran esta fin de semana a edición número 26 da Feira do Viño de Valdeorras, unha feira que se consolida e na que se combina gastronomía con música, deporte e mesmo cultura.
É o xesto máis repetido este sábado 31 de maio na localidade de Viloira, no Barco de Valdeorras, que celebra a vixésimo sexta edición da Feira dos viños valdeorreses. A cita chega antes de que comece o mes de xuño, é unha das máis temperás, como a calor abafante dos últimos días, pero iso non desanimou os numerosos visitantes que se achegaron ata O Barco.
Nesta ocasión participan 18 adegas desta denominación cunha oferta variada e as mellores expectativas.
Co seu pregón, a deportista olímpica Teresa Portela foi a encargada de inaugurar oficialmente o comezo da Feira.
"O viño non entra moito na miña dieta de deportista pero sempre hai algo que celebrar".
Ao serán tivo lugar a primeira cata de viños nos xardíns da casa grande de Viloira. A xornada finalizará con música, co concerto de Dani Barreiro and friends.