Cargando resultados...
Macrodemanda dos hostaleiros europeos contra Booking, a plataforma de reservas
Queren compensacións económicas por non poder vender a prezos inferiores aos de Booking
O Tribunal de Xustiza da UE declarou ilegais estas prácticas en 2024
G24.gal
01/06/2025 20:48
Os hoteis europeos uníronse para presentar unha macrodemanda contra Booking.com, o xigante de reservas en liña. Queren compensacións económicas polas cláusulas de paridade polas que os hoteis non podían vender nas súas propias páxinas web a prezos inferiores aos ofrecidos pola plataforma.
A decisión conxunta chega tras a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que declarou ilegais estas prácticas. O sector entende que con esa sentenza pode recuperar unha parte das comisións pagadas a Booking durante os vinte anos que van desde 2004 e 2024.