Xuntanza de estrelas nun pícnic para resaltar o produto galego de calidade diferenciada
O evento Estrelas no Camiño reúne recoñecidos cociñeiros que suman máis de 60 estrelas Michelin
Algúns deles tiveron a oportunidade de probar o produto galego de calidade diferenciada nunha merenda estilo pícnic
O evento gastronómico Estrelas no Camiño acolle a súa undécima edición e reúne cociñeiros de toda España que suman máis de 60 Estrelas Michelin.
Este proxecto fai énfase en dous dos principais atractivos para o turismo en Galicia: a gastronomía e o Camiño de Santiago.
Ademais, esta cita solidaria, celebrada en Santiago, recadará fondos este ano para dúas organizacións que traballan no ámbito da saúde mental: a Asociación Saúde Mental A Creba e a Fundación Barcala de persoas con discapacidade intelectual.
Esta parte do evento consistiu nunha experiencia de pícnic en que os recoñecidos chefs probaron o produto galego de calidade diferenciada feita por produtores de aquí, de Galicia.