Así foi a detención do pederasta ourensán Martiño Ramos en Cuba
O inspector da Interpol Roberto Llamazares explicou todos os detalles na Televisión de Galicia
Martiño Ramos dixo descoñecer que estaba en busca e captura cando foi detido na Habana
Martiño Ramos, o fuxido pederasta ourensán, estaba na lista dos dez máis buscados pola policía
Martiño Ramos, o profesor ourensán condenado a 13 anos e medio de cadea por violar unha alumna, facía vida normal en Cuba e mesmo pensaba en casar para regularizar a súa situación na illa.
Así o contaba na Televisión de Galicia Roberto Llamazares, inspector da Interpol.
Foi logo dun proceso longo, e que puido chegar a bo porto grazas á colaboración internacional.
A policía sabía que estaba en Cuba desde facía meses e desde entón, conscientes da súa condena, tíñano baixo observación, pero non fora detido. Cando chegou o momento da detención, o fuxitivo tentou transmitir unha imaxe de sorpresa, como se non soubese que estaba en busca e captura, algo moi habitual en persoas que se enfrontan a esta situación, segundo explica o inspector da Interpol.
Agora a gran pregunta é que vai suceder logo da detención de Martiño Ramos, xa que non existe un acordo de extradición entre España e Cuba. Polo momento, explica o inspector Llamazares, o fuxitivo permanecerá nunha prisión cubana, e ás veces hai que agardar uns meses, mesmo un ano, di, para que poida ser enviado a España.
Malia todo, os esforzos das últimas horas poden facer posible que ese prazo sexa máís curto, e que o fuxitivo sexa trasladado a España en poucos días.