Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo de mulleres atoparon a Martiño Ramos en Cuba grazas a unha alerta no instagram

Un grupo de mulleres atoparon a Martiño Ramos en Cuba grazas a unha alerta no instagram

Grazas ás redes sociais as autoridades puideron atopar ao acusado de violar unha alumna menor en Ourense

G24.gal 26/11/2025 21:49

O Goberno de Cuba aceptou a petición de España de entregar a Martiño Ramos, o profesor ourensán condenado por pederastia, pero os trámites xudiciais poden prolongarse aínda semanas.

Este mércores soubemos que un grupo de mulleres de Madrid foi clave para localizalo na Habana.

O Colectivo Madres Protectoras de Madrid coñeceu o caso de Martiño Ramos pola prensa. Cando souberon que estaba fuxido activaron unha alerta no seu Instagram.

A foto e os datos de Martiño Ramos foron traspasando as fronteiras, e desde Cuba chegaron as primeiras noticias del.

A policía foi verificando todos os datos. A Brigada de Localización de Fuxitivos da Udyco levaba máis dun mes estreitando o cerco arredor del.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade