Cargando resultados...
Condenan un hostaleiro de Padrón a 23 anos e medio por violar reiteradamente dúas empregadas
O condenado, José Ramón Romero Vilasoa, propietario de dous establecementos de hostalería de Padrón, xa cumpre condena no cárcere
G24.gal
27/11/2026 14:14
Na semana contra a violencia machista a Televisión de Galicia volveu estar con Viky e Nuria, dúas vítimas de agresión sexual que cando as coñecemos tiñan unha sentenza que condenaba o seu agresor, un coñecido restaurador de Padrón. Porén, a sentenza non era firme. A firmeza chegou do Supremo en xuño.
O agresor, José Ramón Romero Vilasoa, está no cárcere cumprindo unha condena de 23 anos e medio.