Melissa Gómez coincidiu en Cuba con Martiño Ramos: "Era un baboso. Sempre andaba con mulleres novas"
Melissa Gómez coincidiu en Cuba con Martiño Ramos: "Era un baboso. Sempre andaba con mulleres novas"
Ela foi unha das persoas que avisou en redes da súa localización
Explica que dende o principio "notaron algo raro", cunha actitude de sobreatención e amabilidade con mulleres novas
No Galicia por diante, da Radio Galega, falaron este martes con Melissa Gómez, unha veciña da Habana que se atopou alí con Martiño Ramos, o profesor fuxido de Ourense tras a condena de 13 anos de cárcere por violar repetidamente unha menor. "Eu coñecino como o fotógrafo español Martín Soto hai mes e medio", explica.
Coñeceuno porque quedou cunha amiga súa a través dunha web de citas e enseguida notou algo raro: "Por que un home de 50 anos quería saír cunha rapaza de 20. Era un home un pouco baboso, cunha atención sobrecargada sobre as mulleres". Incomodadas por esa actitude, romperon o contacto con el. E cando volveron velo xa foi en redes, coa alerta lanzada por Madres Protectoras. "Era importante compartir a información, porque outras rapazas poderían non notar ese elemento raro que notamos nós. Viámolo con moitas rapazas novas".
Ela foi unha das persoas que avisou da súa localización. E pon en valor o feito de que máis xente reaccionara tamén de forma rápida para evitar novos abusos.