Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo revélase como a cidade galega máis saudable

Lugo revélase como a cidade galega máis saudable

Só superada por Teruel e por unha vila de Mallorca, figura como no 'ranking' como a segunda urbe en todo o ámbito estatal

A súa contorna natural, a calidade do aire, unha boa alimentación e a abundancia de espazos deportivos son factores clave

O parque de Rosalía, no corazón de Lugo
Félix Aragunde 25/11/2025 20:29 Última actualización 25/11/2025 20:52

Rodeada dun extraordinario patrimonio natural, Lugo é a urbe galega máis saudable para vivir. Así o indica un estudo publicado por un coñecido servizo médico en liña, que sitúa a capital lucense como a segunda cidade do 'ranking' en todo o ámbito estatal, só por detrás de Teruel.

Xunto coas zonas fluviais e os parques periurbanos do seu cinto verde, o informe destaca o paseo do adarve da muralla romana, tamén ao aire libre, e mais a existencia dunha nutrida rede de ximnasios e de espazos cubertos ideais para a práctica deportiva.

"O único hándicap que temos é o clima, pero o bo é que temos centros coma este, que cada vez hai máis deste estilo, onde se pode facer exercicio a cuberto e con profesionais que nos guíen e nos ensinen como executar correctamente traballos de forza, que está demostrado que é o máis importante para a saúde dos cidadáns", sinala Manuel Uriz, director dun centro deportivo. 

O informe tivo tamén en conta aspectos como a calidade do aire, a lonxevidade, o acceso sanitario e, por suposto, a alimentación. Neste sentido, destaca a boa proporción de establecementos saudables con respecto aos de comida rápida.

"Moi pouco procesado. E moi fácil acceso a produtos naturais, sexa peixe ou verduras, grazas aos mercados desta cidade", subliña o dietista Sergio Quiñones. 

A cidade de Lugo pode presumir de ser, a fin de contas, a única capital provincial que se atopa dentro dunha reserva da biosfera en toda a Península Ibérica.

Centro deportivo Activa3 no barrio lugués da Milagrosa Centro deportivo Activa3 no barrio lugués da Milagrosa
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade