O restaurante Vértigo, de Sober, e Miguel González, de Ourense, logran a Estrela Michelín
Restaurante Vértigo, en Sober
A gastronomía galega volveu brillar na última edición da Guía Michelin, que outorgou dúas novas Estrelas á comunidade: unha para Vértigo, en Sober, a primeira distinción deste tipo que recae na provincia de Lugo, e outra para Miguel González, en Ourense.
O restaurante Vértigo, situado en Adegas Regina Viarum e dirixido polo chef Rafa Centeno, emitiu un comunicado no que subliña un fito que "o converte no primeiro restaurante de adega de Galicia en obter este recoñecemento internacional".
O proxecto, que xa fora mencionado anteriormente pola guía, alcanza así un novo nivel de consolidación e excelencia gastronómica.
O chef Rafa Centeno afirmou que vive este recoñecemento como un paso máis nun proxecto con raíces profundas.
"Vértigo naceu da necesidade de volver mirar á miña terra. Cada prato que elaboramos é unha maneira de conectar con ela, de poñer en valor o seu produto e a súa xente. Esta estrela é un impulso para seguir facéndoo con aínda máis compromiso e sensibilidade", trasladou.
No caso de Miguel González recupera a que perdera de forma temporal ao pechar para trasladarse do Pereiro de Aguiar a Ourense. O resto de restaurantes da comunidade con estrelas, ao redor da vintena, manteñen as súas distincións.
A edición de 2026 da Guía Michelin non conta con ningún novo restaurante de tres estrelas, pero si con cinco novos establecementos con dúas estrelas e 32 que logran por primeira vez unha estrela Michelin.
Os 16 restaurantes que xa tiñan tres estrelas Michelin conservan a súa distinción na nova guía.
Este é o listado completo dos novos restaurantes recoñecidos por Michelin.
Dúas Estrelas
Aleia – Barcelona
Enigma – Barcelona
Mont Bar – Barcelona
La Boscana – Bellvís
Ramón Freixas Atelier - Madrid
Unha estrela
Mare – Cádiz
ReComiendo – Córdoba
Faralá – Granada
Ochando – Los Rosales
Palodú – Málaga
Casa Rubén – Tella
Pico Velasco – Carasa
Kamikaze – Barcelona
SCAPAR – Barcelona
Emi – Madrid
Éter – Madrid
Ancestral – Pozuelo de Alarcón
Llavor – Oropesa del Marbella
Simposio – San Antonio de Benagéber
Rubén Miralles – Vinaròs
Miguel González – Ourense
Vértigo – Sober
Haydée by Víctor Suárez – Adeja
El taller de Seve Díaz – Puerto de la Criz
La Revelía – Amorebieta
Islares – Bilbao
Itzuli – Donostia/San Sebastián
Bakea – Mungía
Regueiro – Tox
Barahonda – Yecla