Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prevese unha alta ocupación para as festas do Nadal nos negocios de turismo rural

Prevese unha alta ocupación para as festas do Nadal nos negocios de turismo rural

Algúns establecementos teñen reservadas sobre o 60% das prazas dun ano para o outro
 

Comedor da Casa Grande da Fervenza, no Corgo
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 18/11/2025 21:19 Última actualización 18/11/2025 22:39

Os negocios de turismo rural encaran a recta final do ano cunha alta ocupación prevista para as festas do Nadal. Algúns teñen reservadas máis do 60 por cento das prazas dun ano para outro, mentres que os de clientela máis fiel incluso chegan a ter todo completo dende o remate da anterior campaña.

"As reservas quedan feitas dun para o outro e haberá xa vinte anos que veñen os mesmos clientes. E despois temos oito cuartos distribuídos en dúas casas, unha con seis e ao lado outro con dous", sinala Fina Ríos, dona da casa rural Río Ladra. 

"No fin de ano un 60 por cento aproximadamente son clientes habituais, incluso de fóra de Galicia. Iso xa  nos queda reservado, e do 40 por cento restante queda pouquiña cousa. E logo temos algúns clientes de aquí de Lugo e da zona que só veñen cear", explica Ramiro López, xerente da Casa Grande da Fervenza. 

Segundo salientan os hostaleiros, o que adoitan buscar os hóspedes é desconectar durante as festas en familia ou en parella. Para iso, valoran por riba de todo a contorna natural. 

"Saen a camiñar ou en bicicleta, reúnense grupo grandes de familias e botan o tempo charlando... Depende un pouco do día, como estea", comenta Fina Ríos. "Normalmente están por aquí. Van dar un paseo, van ao muíño, á ruta, e gozan moito da lareira da casa, dos bos viños. Son clientes asiduos e moi bos", engade Ramiro López. 

Pasar o Fin de Ano nunha casa de turismo rural, coa cea incluída, sae de media nuns 150 euros por persoa.

Dormitorio na casa rural Río Ladra, en Outeiro de Rei Dormitorio na casa rural Río Ladra, en Outeiro de Rei
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade