Publicador de contidos

Publicador de contidos

As capitais europeas ou o Caribe, entre os destinos máis demandados para o Nadal

As capitais europeas ou o Caribe, entre os destinos máis demandados para o Nadal

Nova York, O Xapón ou Vietnam seguen gañando viaxeiros, mentres que os perden as Illas Canarias debido á súa carestía

O Xapón figura entre os lugares máis cobizados para viaxar en decembro
Félix Aragunde 12/11/2025 20:10

As capitais europeas e aquelas cidades con mercados de nadal figuran un ano máis entre os destinos favoritos para unha escapada na ponte de decembro. E para viaxar durante a celebración do solsticio de inverno, os máis demandados son O Caribe, Nova York ou países asiáticos coma O Xapón ou Vietnam.

"Entre os destinos novidosos deste ano están chamando moito os Estados Unidos, Nova York principalmente. E Londres tamén está chamando moitísimo. E cara a destinos máis afastados, O Xapón está pegando bastante", sinala Chus García, xefa da oficina en Lugo da axencia de viaxes Almar. 

Outros destinos máis tradicionais no Nadal estanse a resentir pola súa carestía. Sobre todo no caso das Illas Canarias, que poden superar os 1.200 euros por persoa e semana.

"Este ano parece que baixaron un chisco as Illas Canarias, porque o prezo está desorbitado respecto ao ano pasado. E xa con respecto a hai dous anos, encarecéronse moitísimo. Xa non só o voo, senón sobre todo o hotel", explica Chus García. 

Tocante aos destinos aínda máis exóticos e caros, viaxar ao Xapón pode ter un custo duns 3.000 euros por persoa e semana. É dicir, seis veces ca nunha cidade do centro de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade