Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ERE no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia afectará 96 traballadores

O ERE no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia afectará 96 traballadores

A proposta aplicarase só á planta do Porriño

A compensación económica corresponderá a un despedimento improcedente, con 33 días por ano traballado e ata 24 mensualidades

G24.gal 18/11/2025 19:57

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia reduciu a 96 os despedimentos previstos no expediente de regulación de emprego por causas produtivas e económicas. A medida afectará unicamente ao persoal das instalacións do Porriño, fronte aos 150 empregados inicialmente previstos.

O presidente do comité de empresa, Hugo Méndez (CIG), avanzou que o documento se asinará este venres, aínda que a súa organización non o apoiará.

O persoal poderá inscribirse de forma voluntaria, pero a empresa decidirá en última instancia.

A compensación económica corresponderá a un despedimento improcedente, con 33 días por ano traballado e ata 24 mensualidades.

Un ERTE de ata 80 días para todo o persoal

O CTAG tamén impulsa un expediente de regulación temporal de emprego de 80 días que poderá afectar os preto de 900 traballadores do Porriño entre o 1 de decembro de 2025 e o 31 de decembro de 2026, con posibilidade de ampliar un ano máis.

Méndez indicou que aínda se descoñece o calendario concreto da suspensión temporal.

A compañía atribúe o ERE e o ERTE á desaceleración nas vendas de coches eléctricos e aos aranceis impostos por Estados Unidos.

Méndez criticou ademais que estas medidas afecten só ao centro do Porriño, malia que o CTAG conta con instalacións noutras cidades como Madrid, León, Valladolid, Zaragoza e Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade