Cargando resultados...
Puente evita dar prazos sobre a apertura do último treito da A-54
O ministro de Transportes acusou o PP de querer "facer un drama" co atraso na posta en servizo do último tramo
G24.gal
18/11/2025 17:56
O ministro de Transportes, Óscar Puente, evita dar prazos para a apertura do último tramo da A-54, a autovía entre Lugo e Santiago de Compostela.
Puente, acusou o PP de querer "facer un drama" co atraso na posta en servizo do último tramo que resta por construír da autovía A-54 e anticipou a súa próxima apertura, aínda sen desvelar en que data.
Foi na resposta do ministro a unha pregunta do senador lucense do PP Juan Carlos Serrano sobre un lapsus de Pedro Sánchez, que chegou a asegurar no Congreso que a autovía estaba xa plenamente operativa.