Publicador de contidos

Publicador de contidos

A liña de alta velocidade de Madrid e Andalucía reabrirá mañá ou pasado

A liña de alta velocidade de Madrid e Andalucía reabrirá mañá ou pasado

Os viaxeiros facían o traxecto danado en autobús dende o accidente de Adamuz 

(EFE/Zipi) (EFE/Zipi)
G24.gal 16/02/2026 11:57

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, avanzou que a liña de alta velocidade que une Madrid con Andalucía reabrirase "mañá ou pasado", tras estar case un mes cortada polos danos provocados polo accidente de Adamuz (Córdoba).

Así o anunciou á súa saída do acto de presentación do fondo España Crece, preguntado polos xornalistas. Fontes do Ministerio inciden en que se está traballando para que a reapertura sexa "canto antes".

Os trens de Renfe, Iryo e Ouigo levan sen operar o tramo completo da liña desde que se produciu o accidente o pasado 18 de xaneiro, cando a vía se viu significativamente danada.

Renfe activou un plan de transporte alternativo para responder ás viaxes máis imprescindibles dos usuarios, facendo o traxecto danado en autobús, e usando tamén a vía de media distancia como alternativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade