Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso tramitará cambios legais para endurecer os supostos de prisión por velocidade excesiva

O Congreso tramitará cambios legais para endurecer os supostos de prisión por velocidade excesiva

En concreto, cando se supere en 50 quilómetros por hora o límite permitido en vías urbanas e en 70 quilómetros en interurbanas

Saíu adiante coa abstención do PP, que non desvelara o sentido do seu voto durante o debate desde primeira hora, e o voto en contra de Vox

A nai dun falecido nun accidente en Dumbría leva ao Congreso establecer penas de prisión por velocidade excesiva

Control da Garda Civil de Tráfico nunha estrada galega Control da Garda Civil de Tráfico nunha estrada galega
G24.gal 24/03/2026 21:05

O Congreso tramitará a proposición de lei do PSOE que quere modificar o Código penal para endurecer os supostos de prisión por velocidade excesiva ao volante, en concreto cando se supere en 50 quilómetros por hora o límite permitido en vías urbanas e en 70 quilómetros en interurbanas.

Agora, os limiares nos que se contempla a prisión están fixados en máis de 70 quilómetros por hora e máis de 80, respectivamente.

O pleno do Congreso votou a iniciativa do PSOE, que saíu adiante coa abstención do PP, que non desvelara o sentido do seu voto durante o debate desde primeira hora, e o voto en contra de Vox.

O resto dos grupos apoiou a iniciativa, aínda que algúns xa avanzaron que presentarán emendas.

O deputado socialista Juan Carlos Jerez defendeu a reforma e considerou que neste caso "só hai unha opción válida", a de votar si porque "é votar pola vida".

E fíxoo ante Pilar Rosanes e o seu marido, sentados na tribuna de invitados, quen emprendeu unha batalla por endurecer o castigo despois de que o seu fillo Josep, de 20 anos, fose arroiado na AC-442, á altura de Dumbria (A Coruña), por un condutor que circulaba a 126 km/h nunha curva limitada a 70.

O deputado socialista dirixiuse especialmente a PP e Vox para lembrarlles que a semana pasada votaron en contra de rebaixar a taxa máxima de alcoholemia permitida. "Están a favor de protexer a vida ou só son provida cando lles interesa?", preguntoulles.

Como a maioría dos grupos, Jerez lembrou que o 22 por cento das mortes na estrada teñen como causa o exceso de velocidade e que entre o 5 e o 10 por cento das condenas son por ese motivo. "Hoxe o cálculo que nos interesa non son os votos, senón o número de vidas que podemos salvar", apostilou.

Tamén Sumar viu a urxencia da medida, que salvará vidas. "Está nas nosas mans facer viable o debate", dixo a súa deputada Laura Vergara dirixíndose ao resto dos grupos.

"Trilerismo" para Vox e "chapuza lexislativa" para o PP

Para Francisco José Alcaraz, de Vox, trátase dun "exercicio de hipocrisía e de trilerismo" do Gobierno, ao que "non lle importan as vítimas", como ao seu xuízo demostran os casos da dana, Adamuz ou o terrorismo.

Para Alcaraz, o obxectivo dos socialistas é "recadar e responsabilizar sempre ao condutor". "Menos Código penal e máis alcatrán. Iso é salvar vidas", salientou.

Fernando de Rosa, do PP, criticou que se presentou en forma de proposición e non de proxecto de lei -"unha chapuza lexislativa", dixo.

E é que, na súa opinión, con ese formato o PSOE "evade" escoitar ao Consello Xeral do Poder Xudicial, ao Consello de Estado e ao Consello Fiscal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade