Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan as encargas de cestas de Nadal

Aumentan as encargas de cestas de Nadal

As cestas de Nadal son todo un clásico que, cada vez máis renovadas, non falla por estas datas

G24.gal 18/11/2025 14:07

A pouco máis dun mes para o Nadal, non sorprende que os escaparates e as tendas presuman xa dos seus produtos destas datas. As cestas de Nadal son todo un clásico que non falla por estas datas.

A maioría das tendas xa están cheas de encargas. Cada vez son máis alternativas e personalizadas. Tanto en produtos como en prezos. Hai de todo e para todos. Produtos do país e de fóra. Envoltorios clásicos ou ilustrados. Hai, en definitiva, un universo propio arredor das cestas de Nadal. Porque a data se aproxima e as encargas dispáranse.  E é que non hai ganas de perder unha tradición cada vez máis elaborada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade