Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviturga analiza en Sanxenxo o marco normativo das vivendas de uso turístico

Aviturga analiza en Sanxenxo o marco normativo das vivendas de uso turístico

Insisten en que a normativa estatal e algunhas ordenanzas municipais provocan unha situación de inseguridade xurídica

Buscan novas fórmulas de promoción dixital para non depender das grandes plataformas de reservas

G24.gal 23/11/2025 13:57 Última actualización 23/11/2025 14:19

A asociación de propietarios de vivendas de uso turístico organizou este domingo en Sanxenxo o seu primeiro congreso para analizar o novo marco normativo e fiscal que regula este tipo de servizos. Puxeron en común as súas principais necesidades e novos modelos para darse a coñecer máis aló das grandes plataformas de reservas de aloxamento.

Desde o primeiro de xullo as vivendas de uso turístico, que en Galicia superan as 26.000, deben contar cun número de rexistro do Ministerio para poder figurar nas plataformas de reserva.

Ademais, concellos como Santiago ou A Coruña teñen ordenanzas municipais que regulan esta actividade. Todos estes cambios normativos que xa foron rexeitados e recorridos por Aviturga antes do verán, son os que se analizan no primeiro congreso da asociación.

Insisten en que se provocou unha situación de inseguridade xurídica e que se lles aplica unha regulación con carácter retroactivo a unha actividade que levan anos desenvolvendo. 

"Temos a declaración responsable da Xunta de Galicia, temos que pedir a do goberno do Estado e logo aplicar as normativas municipais. Cantas normativas? Ao final isto o que está facendo é deixarnos en mans dos rexistradores da propiedade é aquí tamén temos que velar cos criterios de cada rexistrador, e ao final vémonos en moitos casos dunha indefensión total. Entón moitos din, eu non o publico en plataformas e xa me buscarei a vida. Pero eu non podo asumir estes custos", explica Dulcinea Aguín, presidenta de Aviturga.

Aseguran que as novas restricións non están provocando que se incorporen estas vivendas ao mercado do alugueiro tradicional.

"Moitos propietarios din que prefiren tela pechada antes de ter que estar en batallas xudiciais cun inquilino que non pague en tempo e forma ou que non me devolva a vivenda nas condicións en que lla entreguei", di Aguín.

Insisten en que o seu servizo en moitas localidades é un motor económico máis e a única opción para acoller a demanda turística que hai no verán.

Durante esta xornada estudaron diferentes casos de éxito e tamén novas fórmulas de promoción dixital que lles permita unha maior autonomía para xestionar os seus negocios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade