Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de persoas protestan en Zamora pola supresión de horarios do AVE a Madrid

Miles de persoas protestan en Zamora pola supresión de horarios do AVE a Madrid

Segundo o novo plan de Renfe, en oito días, non haberá ningunha saída cara á capital española ata antes do mediodía

G24.gal 01/06/2025 20:58 Última actualización 01/06/2025 21:50

Unhas 4.000 persoas manifestáronse este domingo nas inmediacións da estación de trens de Zamora contra a supresión de paradas e horarios na liña do AVE Madrid-Galicia.

Segundo o novo plan de Renfe na estación da comarca de Sanabria, en oito días, non haberá ningunha saída cara á capital española ata antes do mediodía.

A Asociación de Usuarios do AVE de Zamora esixe unha planificación ferroviaria xusta e di que seguirá protestando ata que non se reverta a situación.

"Estas decisións, entendemos que son arbitrarias, entendemos que son inxustificadas, e o que non deixan de facer é de crear unha España de primeira e unha España de terceira, unha España onde todos os servizos sexan gratuítos e outra España onde nos propoñen que se queres tren telo que pagar. Todos os argumentos que puxemos enriba da mesa son moi sólidos e desmontan esta falcatruada e este xeito de facer as cousas. E ao final a sociedade está aquí, toda a sociedade zamorana", declara Javier Faúndez, presidente da Deputación de Zamora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade