Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quedan en liberdade os menores detidos en Vigo por agresión sexual a unha moza

Quedan en liberdade os menores detidos en Vigo por agresión sexual a unha moza

A moza denunciou que fora vítima dunha agresión nas festas de Fragoselo, en Coruxo

Identificou os sospeitosos como responsables dos feitos

G24.gal 02/06/2025 17:26

A Fiscalía de Menores de Pontevedra deixou en liberdade os menores detidos en Vigo en relación cunha agresión sexual denunciada por unha moza.

Segundo explica a Fiscalía, non se considerou necesario promover unha medida de internamento respecto dos tres detidos. Todos eles quedaron en liberdade, suxeitos, iso si, ao procedemento do expediente de menores no que se instrúe o sucedido.

Os tres pasaron o domingo á disposición da Fiscalía de Menores. Os menores foran detidos pola Policía Nacional tras a denuncia dunha rapaza que manifestou que sufrira unha agresión, sinalando os sospeitosos como responsables da mesma.

O incidente tivo lugar o mesmo domingo de madrugada nas festas de Fragoselo, en Coruxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade