Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasan a disposición xudicial tres menores pola suposta agresión sexual a unha menor en Vigo

Pasan a disposición xudicial tres menores pola suposta agresión sexual a unha menor en Vigo

A menor, de 16 anos, denunciou que a agresión producírase na madrugada deste domingo nas festas de Fragoselo

Os supostos agresores teñen todos historial delituoso relacionado con roubos e agresións en Vigo

G24.gal 01/06/2025 11:39 Última actualización 01/06/2025 20:20

A Policía Nacional detivo varias persoas pola súa suposta implicación nunha agresión sexual a unha menor de 16 anos en Vigo.

Ata tres individuos, todos eles menores de idade, pasaron este domingo a disposición xudicial tras ser detidos en Vigo pola súa implicación nunha presunta agresión sexual contra unha menor, segundo confirmou a Policía Nacional.

Están acusados de ser os presuntos agresores da menor nas festas de Fragoselo durante a madrugada deste domingo, segundo confirmaron fontes policiais.

Foi a menor quen denunciou o sucedido e quen asegurou que eran varios os implicados, de feito, hai unha terceira persoa identificada pola propia vítima.

Os supostos agresores teñen todos un historial delituoso relacionado con roubos e agresións na cidade de Vigo.

A Policía Nacional investiga o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade