Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberdade para os cinco investigados pola pelexa multitudinaria en Ferrol

Liberdade para os cinco investigados pola pelexa multitudinaria en Ferrol

A xuíza decidiu a prohibición de aproximarse e comunicarse coas tres persoas que quedaron lesionadas

O altercado produciuse no barrio de San Xoán de Filgueira O altercado produciuse no barrio de San Xoán de Filgueira
G24.gal 03/06/2025 16:41

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol decretou a posta en liberdade das cinco persoas detidas pola pelexa multitudinaria acontecida este domingo nas proximidades dunha discoteca da cidade ferrolá, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

As cinco persoas pasaron a disposición xudicial nesta mesma xornada e, en todos os casos, están a ser investigadas por ameazas e lesións e a dúas delas impuxéronselles medidas polos feitos analizados.

A xuíza decidiu a prohibición de aproximarse e comunicarse coas tres persoas que resultaron lesionadas e indicou que non hai "indicios de que unha presunta agresión sexual fose o causante" da liorta.

O altercado produciuse no barrio de San Xoán de Filgueira e tanto testemuñas do suceso como veciños da zona alertaron ao 112 Galicia e á Policía Local, a cuxa sede, nesa mesma barriada, acudiu un dos presentes, que presentaba feridas na cabeza, para relatar o acontecido.

O incidente sucedeu ao redor das sete e media da mañá na contorna dun local nocturno no que xa se rexistraron varios altercados similares nos últimos anos, e ao que se desprazaron efectivos da Policía Nacional e das policías locais de Ferrol e Narón.

O alcance do altercado, cunha trintena de implicados, segundo testemuñas presenciais, obrigou a mobilizar a boa parte da dotación dispoñible do corpo municipal ferrolán e a ofrecer atención sanitaria a algúns dos feridos, facilitada tras a chamada dun particular ao 112 Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade