Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinganza en Ferrol tras a macropelexa do domingo entre dous grupos de mozos

Vinganza en Ferrol tras a macropelexa do domingo entre dous grupos de mozos

Veciños da zona confirman que houbo unha lea entre persoas de orixe magrebí e de orixe dominicana

Non houbo feridos nin detidos

G24.gal 04/06/2025 14:45

Eran as dez e media noite deste martes cando varias testemuñas alertaban o 112 dunha lea na contorna da praza de España. "A min contáronme que houbera unha pelexa no Inferniño e que viñeran para aquí. E que eran os mesmos".

Fala da macropelexa do domingo pasado, ás portas dunha discoteca do barrio de San Xoán. Tras este suceso, cinco dos mozos implicados foron detidos e, este mesmo martes, quedaban en liberdade con cargos. Todos investigados por delitos de ameazas e lesións, e deles, dous, con instrumento perigoso, xa que durante o enfrontamento empregaron armas brancas.

Na pelexa deste martes á noite non houbo feridos nin tampouco detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar