Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña regula as vivendas de uso turístico

A Coruña regula as vivendas de uso turístico

O Concello dá tres meses aos propietarios para adaptar as vivendas á ordenanza municipal

G24.gal 05/06/2025 14:47

Boa parte das vivendas de uso turístico na Coruña teñen os días contados. Os propietarios terán tres meses para regularizar estes aloxamentos e adaptalos á nova ordenanza municipal.

"Garantir a reversibilidade para que poidan volver a un uso residencial normal", explica o concelleiro de Urbanismo, Francisco Dinís Díaz.

Só poderán instalarase en baixos e primeiras plantas e en edificios destinados exclusivamente a este fin. Ademais, os propietarios deberán dar de alta esta actividade económica e aboar unha taxa especial pola recollida de lixo. Desde o BNG cren que servirá para sacar máis vivenda ao mercado.

"Son unha ameaza ao modelo de cidade que defendemos con barrios onde as persoas poidan vivir", defende Avia Veira. 

A ordenanza terá carácter retroactivo, polo que se aplicará ás máis de 1300 vivendas de uso turístico que hai na actualidade, coma ás que se dean de alta a partir de agora.

"Non son as condicións acertadas nunha cidade na que ata que vostedes chegaron ninguén era forasteiro.", explica o popular Gonzalo Mora. 

Os propietarios cren que esta medida acabará co 80 % das vivendas de uso turístico na cidade e que non resolverá os problemas de tensión do mercado da vivenda.

 "Anticipamos un tensionamento do mercado de alugueiro, que é o único motivo que o concello alega para esta ordenanza", avanza Rafael Serrano, vicepresidente de AVITURGA.

E anuncian que recorrerán á Xustiza para defender os seus dereitos. O Concello da Coruña tamén deu luz verde á nova taxa turística que gravará entre 1 e 2 euros e medio as pernoitas na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade