Un gran foxo no paseo do Con en Moaña obriga a cortar a vía por perigo de derrubamento
Para moitos veciños é a única rúa de acceso ás súas vivendas
O Concello leva catro anos pedindo a Costas do Estado que arranxe as deficiencias
Desde o ano 2021 as fochancas son habituais no paseo do Con en Moaña. O mal estado do muro que separa a vía da praia contra o que baten con forza os temporais durante o inverno é un dos principais motivos da deterioración da rúa.
O Concello mantén cortado o paseo ao tráfico para evitar posibles accidentes.
Os traballadores municipais abriron unha gabia de 12 metros onde comprobaron que hai zonas en que o asfalto se asenta no aire. O Concello pide a Costas do Estado unha actuación de emerxencia.
Os danos poderían ser aínda peores no caso de rotura dalgunha das tubaxes que poderían provocar unha vertedura á praia e á ría de Vigo.