Cargando resultados...
Cae o tellado dunha nave abandonada en Carballo
A estrutura de madeira derrubouse o pasado luns
Non había ninguén no interior cando sucedeu

G24.gal
17/06/2025 11:34
O tellado dunha nave de Carballo derrubouse na tarde do pasado luns, segundo informou o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña. O cuberto tiña unha estrutura de madeira e a nave estaba abandonada.
O 112 Galicia foi quen alertou do colapso deste tellado na avenida Fisterra, fronte ao Tanatorio Bergantiños. Os bombeiros de Carballo achegáronse a comprobar a estrutura e o estado do sucedido.
O tellado caeu cara ao interior da construción. Os bombeiros e a Policía Local de Carballo buscaron se había rastro dalgunha persoa que puidese estar dentro no momento, mais non atoparon ninguén.