Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un detido e desmantelada unha plantación de marihuana en Oza-Cesuras

Un detido e desmantelada unha plantación de marihuana en Oza-Cesuras

O detido é un home de 41 anos residente no concello, segundo explica a Garda Civil

Plantación de Marihuana en Oza-Cesuras. Imaxe facilitada pola Garda Civil Plantación de Marihuana en Oza-Cesuras. Imaxe facilitada pola Garda Civil
G24.gal 23/08/2025 13:48

A Garda civil detivo un home de 41 anos, veciño do concello de Oza-Cesuras ao que acusa dun delito contra a saúde pública, por cultivo de estupefacientes. Na mesma operación a Garda Civil desmantelou unha plantación de marihuana que tamén estaba instalada no concello de Oza-Cesuras.

A investigación comezou a raíz de que os veciños se queixaran do movemento continuo e inhabitual na zona de vehículos que se dirixían a unha vivenda da zona de Filgueira de Traba.

Os axentes da Benemérita, unha vez iniciadas as investigacións, déronse conta da actividade ilícita que se realizaba no domicilio. Rexistraron a vivenda, co permiso do detido, e no interior descubriron unha sofisticada plantación de marihuana na planta superior da vivenda.

Os axentes da Garda Civil aprehenderon en total 261 plantas de marihuana e 30 gramos que xa estaban envasados e listos para a súa distribución.

A Benemérita tamén se incautou dunha cantidade grande de material profesional para o cultivo, como iluminación LED, fertilizantes, ventiladores, higrómetros, termómetros, unha balanza dixital e unha termoseladora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade