Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan dous homes por incendios en Folgoso do Courel e en Monterroso

Investigan dous homes por incendios en Folgoso do Courel e en Monterroso

A orixe do incendio de Folgoso do Courel está nos traballos de aproveitamento forestal que se realizaban na zona cunha maquina cortadora-procesadora de árbores

Pola súa banda, o incendio en Monterroso, nun escape dunha queima que era realizada sen autorización administrativa

G24.gal 22/08/2025 14:14

A Garda Civil imputa en calidade de investigados un home portugués, de 37 anos, e un veciño de Monterroso, de 30 anos, como presuntos autores de dous delitos de incendio forestal por imprudencia grave en Folgoso do Courel e en Monterroso.

Segundo informou o Instituto Armado, os axentes adscritos ao EMIIF (Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais) iniciaron unha investigación policial para esclarecer a autoría de dous incendios forestais ocorridos nos termos municipais de Folgoso do Courel e de Monterroso.

Durante a investigación os axentes constataron que a orixe do incendio de Folgoso do Courel, que comezou o día 5, está nos traballos de aproveitamento forestal que se realizaban na zona cunha maquina cortadora-procesadora de árbores.

Pola súa banda, o incendio en Monterroso, que comezou o día 6, ten a súa presunta orixe nun escape dunha queima que era realizada sen autorización administrativa.

As persoas investigadas no primeiro semestre como presuntos autores dun delito de incendio forestal, foron, na súa maioría, por imprudencias, sendo as causas máis habituais o incumprimento nas condicións impostas na autorización ou comunicación na realización de queimas, imprudencias en traballos forestais e dolo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade