Publicador de contidos

Publicador de contidos

As novas sobre o incendio de Quiroga provocaron a anulación de reservas no Courel

As novas sobre o incendio de Quiroga provocaron a anulación de reservas no Courel

As anulacións supoñen a perda de case un terzo do negocio de todo o ano

G24.gal 21/08/2025 21:09 Última actualización 21/08/2025 21:43

Só tres dos dez apartamentos deste establecemento están ocupados, cando as reservas iniciais supoñían o completo.

As novas sobre o incendio que se achegaba por Quiroga trouxo canda si un regueiro de cancelacións nos negocios turísticos do Courel.

Di o propietario da aldea rural do Mazo, Suso Fernández, que "a xente fuxiu e a que ía vir non veu e as reservas que tiñamos chamaron para cancelalas".

As anulacións supoñen a perda de case un terzo do negocio de todo o ano.

Os clientes que se mantiveron entenden que houbese temor a que o lume se espallase, pero non sucedeu.

Tamén o cámping de Seoane do Courel se bailerou cando o lume se situou ás portas do xeoparque.

Considera o propietario do negocio, Xabiert Trepat, que "as reservas estaban moi ben ata que empezou o tema do lume".

Agora mesmo o cámping está baleiro, porque en acampada tiñamos cheo e fóronse todos", e en canto aos apartamentos, "estamos a un vinte por cento".

Hai tres anos un incendio na zona obrigou a desaloxar esta contorna, pero nesta ocasión non se viu afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade