Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o autor dun incendio que calcinou máis de mil metros cadrados en Poio

Detido o autor dun incendio que calcinou máis de mil metros cadrados en Poio

O home é un veciño da localidade de 34 que tiña antecedentes penais

O detido recoñeceu varias veces ter a autoría dos feitos

Incendio en Poio (Europa Press/Garda Civil de Pontevedra) Incendio en Poio (Europa Press/Garda Civil de Pontevedra)
G24.gal 20/08/2025 14:37

A Garda Civil de Pontevedra detivo un veciño de 34 anos de Poio como presunto autor do incendio que queimou mil metros cadrados no lugar do Vao. O detido xa contaba con antecedentes penais.

Segundo a Benemérita, ocorreu onte á noite, cando os veciños avisaron o Instituto Armado e, unha vez no lugar, dirixíronse cara ao domicilio do presunto autor do lume.

O home, á chegada dos axentes, recoñeceu varias veces a responsabilidade dos feitos, polo que foi detido como presunto autor dun delito de incendio.

Os bombeiros do Salnés e de Pontevedra foron quen se fixeron cargo do incendio, necesitando o traslado dunha motobomba.

O detido xunto coas dilixencias foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade